期刊论文详细信息
Estudios Románicos | |
O galego, unha lingua sen dialectos: olladas sociais e lingüísticas sobre a variación dialectal | |
Francisco Dubert-García1  | |
[1] Universidade de Santiago de Compostela; | |
关键词: galego; portugués; ástur-leonés; dialectoloxía; dialectoloxía románica; | |
DOI : 10.6018/ER.402591 | |
来源: DOAJ |
【 摘 要 】
Os dialectólogos galegos acostuman a negar que o galego conteña no seu seo dialectos e interpretan esta ausencia como mostra da súa unidade. Con todo, estes investigadores agrupan as diversas falas en entidades que poden denominar bloques, áreas ou modalidades. Neste traballo analízase como os dialectólogos galegos establecen a unidade do galego, organizan as súas variedades xeolectais e xustifican a súa autonomía fronte ás linguas veciñas. A miña aproximación mostra que existen dúas formas de contemplar as falas galegas: unha ollada social e outra lingüística.
【 授权许可】
Unknown