期刊论文详细信息
Estudos de Linguistica Galega
O infinitivo flexionado en galego: unha análise variacionista baseada na lingua oral
Javier Rivas1  Esther L. Brown1 
[1] Universidade de Colorado, Boulder;
关键词: sintaxe;    infinitivo flexionado;    linguaxe oral;    galego;    portugués;    método variacionista.;   
DOI  :  10.15304/elg.13.6631
来源: DOAJ
【 摘 要 】

O presente traballo ofrece os resultados da primeira análise variacionista do infinitivo flexionado en galego no contexto das cláusulas adverbiais co obxectivo de identificar a gramática probabilística da dita construción, en contraposición ao infinitivo invariable e ao subxuntivo. Os resultados suxiren que os patróns de uso do infinitivo flexionado están condicionados principalmente polo grao de accesibilidade do referente do suxeito da cláusula adverbial. Canto máis baixa é a accesibilidade do dito suxeito, maior é a posibilidade de que apareza a forma flexionada. Ademais, a análise variacionista amosa que, a medida que aumenta a complexidade sintáctica da cláusula, aumenta tamén a probabilidade de que apareza o subxuntivo. Polo tanto, o uso do infinitivo flexionado está restrinxido a cláusulas cunha complexidade sintáctica reducida. Os resultados están baseados nos datos do CORILGA, un extenso corpus de galego oral dun millón catrocentas mil palabras. Compárase tamén o infinitivo flexionado en galego e portugués en canto á frecuencia e contextos de uso así como á súa aparición cun suxeito nominativo co obxectivo último de proporcionarmos datos novos dunha lingua (galego) pouco estudada para contribuír ao coñecemento do infinitivo flexionado, un fenómeno gramatical excepcional nas linguas do mundo.

【 授权许可】

Unknown   

  文献评价指标  
  下载次数:0次 浏览次数:0次