Cadernos de Fraseoloxía Galega | |
Achegas a un dicionario de refráns galego-castelán, castelán-galego | |
关键词: fraseoloxía; phraseology; paremioloxía; paremiology; proverbs; refráns; galician; spanish; galego; español; castelán; dicionario; dictionary; monograph; monografía; equivalencia; equivalence; | |
DOI : | |
来源: DOAJ |
【 摘 要 】
Monográfico. Este terceiro número de “Cadernos de Fraseoloxía Galega” é unha monografía da autoría de María do Rosario Soto Arias. Nela ofrécenos equivalencias castelás duns 4.400 refráns galegos e as equivalencias galegas duns 4.100 refráns casteláns: equivalencias, non traducións, dado que para que un refrán sexa refrán ten que estar fixado no uso e, por esa razón, a tradución literal dun refrán, aínda sendo lexítima para certos usos, non lle dá condición de refrán ó que resulte. Este libro é, logo, un intento de ofrecer correspondencias semánticas con paremias xa rexistradas como tales en cada unha das dúas linguas: intento, porque a correspondencia plena non sempre é posible. Como a fonte fundamental son os repertorios paremiolóxicos xa publicados e dado o túnel ágrafo dos séculos escuros, enténdese que, mentres os refráns galegos son case todos do século XX, nos casteláns conviven formas vivas con arcaísmos ou formas menos actuais. // The third issue of Cadernos de Fraseoloxía Galega is a monograph about the compilation of 4400 Galician proverbs and 4100 Spanish proverbs made by María Rosario Soto Arias, which sets the ground for a Galician-Spanish-Galician dictionary of proverbs.
【 授权许可】
Unknown