Intercom: Revista Brasileira de Ciências da Comunicação | |
O Xornalismo en transición, a antesala dun modelo de 'Total Journalism' | |
关键词: Journalism; Journalistic production; Professional profiles; Professional challenges; | |
DOI : 10.1590/1809-5844201614 | |
来源: DOAJ |
【 摘 要 】
Resumo O Xornalismo está a vivir unha profunda metamorfose no proceso de reconfiguración do ecosistema mediático. O impacto de internet nas rutinas xornalísticas marcou un antes e un despois na práctica profesional. Ninguén pon en dúbida que os cambios introducidos foron relevantes. Tanto na busca de material como na súa difusión houbo mudanzas. O resultado é un renovado conxunto de rutinas sedimentadas que conviven con outras máis experimentais e aínda en construción. Unha mirada ao Xornalismo actual, focalizada sobre todo na Península Ibérica e no conxunto de Europa, permítenos indicar, sen embargo, que o básico permanece. Os xornalistas seguen contando historias de non ficción e permanecen como mediadores que teñen unha influenza decisiva nas sociedades actuais.
【 授权许可】
Unknown